
Desde o 1 de agosto de 2019 o Teatro Ideal de Calahorra vende as súas entradas co sistema de Manantial de Ideas, adxudicataria do contrato municipal de reservas, venda informatizada e control de aforo.
Durante xullo formamos o persoal do teatro na venda en billeteira e na lectura de entradas na porta. A billeteira pasou a abrir dúas horas antes de cada función, e habilitáronse dúas máquinas de autovenda: unha encastrada na fachada do teatro e outra no hall do paseo del Mercadal.
A venda en liña, en teatroideal.sacatuentrada.es, permitiu por primeira vez mercar por internet entradas con desconto, con acreditación na porta.
Cóntao a web do Concello de Calahorra.
