MANANTIAL DE IDEAS, S.L. infórmalle de que este sitio web non instala cookies propias nin de terceiros.
QUE SON AS COOKIES?
As cookies e outras tecnoloxías similares, como os local shared objects, as flash cookies ou os píxeles, son pequenos ficheiros que algunhas plataformas, como as páxinas web, poden instalar no equipo da persoa usuaria (ordenador, tablet, smartphone, etc.).
As súas funcións poden ser moi variadas: almacenar as túas preferencias de navegación, recoller información estatística, permitir certas funcionalidades técnicas... Ás veces, as cookies utilízanse para almacenar información básica sobre os hábitos de navegación da persoa usuaria ou do seu equipo, ata o punto, segundo os casos, de poder recoñecela.
As cookies son útiles por varios motivos. Desde un punto de vista técnico, permiten que as páxinas web funcionen de forma máis áxil e adaptada ás túas preferencias, como por exemplo almacenar o teu idioma ou a moeda do teu país. Ademais, axudan as persoas responsables dos sitios web a mellorar os seus servizos, grazas á información estatística que recollen a través delas. Finalmente, nalgúns sitios web serven para facer máis eficiente a publicidade que se mostra á persoa usuaria.
Para obter máis información sobre as cookies, visite Your Online Choices España ou http://www.allaboutcookies.org/es/.
COOKIES AFECTADAS POLA NORMATIVA E COOKIES EXCEPTUADAS
Segundo a directiva da UE, as cookies que requiren o consentimento informado da persoa usuaria son as cookies de analítica e as de publicidade e afiliación, quedando exceptuadas as de carácter técnico e as necesarias para o funcionamento do sitio web ou a prestación de servizos expresamente solicitados pola persoa usuaria.
QUE TIPOS DE COOKIES EXISTEN?
Existen diferentes tipos de cookies.
Nun primeiro nivel podemos diferenciar entre:
- Cookies propias: pertencen á persoa propietaria do sitio web e son xestionadas por ela.
- Cookies de terceiros: pertencen a terceiros, alleos á persoa propietaria, e son xestionadas por eles.
As cookies poden ser de "sesión", polo que se borrarán unha vez que a persoa usuaria abandone a páxina web que as xerou, ou "persistentes", que permanecen no seu ordenador durante un tempo programado que pode chegar a anos.
Ademais, as cookies poden clasificarse segundo a finalidade coa que foron creadas:
- Cookies técnicas e funcionais: son as estritamente necesarias para o uso do sitio e para a prestación do servizo.
- Cookies analíticas: permiten á persoa responsable dun sitio web comprender que uso fan as persoas usuarias da súa web. Por exemplo, serven para contar o número de persoas diferentes que visitan a web ou que utilizan unha característica concreta, en lugar do número total de veces que se utiliza a web ou a característica. Sen elas, unha persoa usuaria que visitase a web unha vez por semana durante tres semanas contaríase como tres usuarias independentes.
- Cookies de personalización: permiten á persoa usuaria configurar o deseño, o idioma, as preferencias, etc. do seu navegador.
- Cookies publicitarias e comportamentais: úsanse para levar a cabo unha xestión eficaz dos espazos publicitarios que se incluíron nunha web ou aplicación desde a que se presta o servizo. Resultan útiles para adecuar a publicidade ofrecida aos intereses das persoas usuarias, xa que recollen información sobre as súas preferencias. Son as que se utilizan en técnicas de márketing como o retargeting.
- Cookies de afiliados: realizan o seguimento das visitas procedentes de webs coas que un sitio estableceu un contrato de afiliación.
- Cookies de interacción social: permiten compartir contido directamente nas redes sociais, como Facebook ou X (antes Twitter). Un exemplo sería cando a persoa usuaria fai clic en “gústame” ou “compartir” sobre un negocio ou produto anunciado nunha web.
COOKIES NESTE SITIO WEB
Este sitio web non instala cookies propias nin de terceiros. Non utiliza ferramentas de análise (como Google Analytics), de publicidade nin de redes sociais, nin carga contidos doutros sitios web que poidan instalar cookies no seu equipo.
Se no futuro se incorporasen cookies que requiran o seu consentimento, informarase diso nesta política e non se instalarán sen o seu consentimento previo.
COMO ELIMINAR AS COOKIES DO NAVEGADOR
- Vostede pode restrinxir, bloquear ou borrar as cookies da nosa web (ou de calquera outra) mediante o seu navegador. En cada navegador a operativa é diferente. A función de 'Axuda' amosaralle como facelo.
- Mediante ferramentas de terceiros, como Ghostery ou Your online choices.
Con carácter xeral, desactivar o uso de cookies nun sitio web pode diminuír a súa funcionalidade, producir limitacións na navegación ou, en determinados casos, impedir mesmo esa navegación. Como este sitio web non utiliza cookies, desactivalas non afecta á súa navegación por el.
