seguridade e cumprimento
Traballamos con concellos, organismos públicos e grandes marcas. Por iso temos o Esquema Nacional de Seguridade en categoría Alta e estamos certificados en calidade, seguridade da información, medio ambiente, intelixencia artificial, compliance penal e pagos con tarxeta.
As nosas certificacións
ENS categoría Alta Esquema Nacional de Seguridade, o nivel máis esixente para traballar coas administracións públicas.
ISO 9001 Xestión da calidade.
ISO/IEC 27001 Xestión da seguridade da información.
ISO 14001 Xestión ambiental.
ISO/IEC 42001 Xestión de sistemas de intelixencia artificial.
UNE 19601 Xestión do compliance penal.
PCI DSS Seguridade dos datos de tarxetas de pago.
Empresa homologada polo ICAA Instituto da Cinematografía e das Artes Audiovisuais (ICAA): o noso sistema de venda de entradas está homologado para enviar os informes de taquilla dos cines.
O alcance do ENS cubre a xestión integral de ticketing, o control de accesos e os dispositivos de información interactiva para entidades públicas e privadas.
Política de seguridade da información
Aprobada en decembro de 2024 (versión 1.0), define como protexemos os datos e os sistemas da empresa e dos nosos clientes.
Canle ética
Dispoñemos dunha canle de denuncias xestionada por unha empresa externa.
