MANANTIAL DE IDEAS, S.L., responsable do sitio web, en adiante RESPONSABLE, pon a disposición das persoas usuarias o presente documento, co que pretende dar cumprimento ás obrigas dispostas na Lei 34/2002, do 11 de xullo, de Servizos da Sociedade da Información e de Comercio Electrónico (LSSI-CE), BOE n.º 166, así como informar todas as persoas usuarias do sitio web sobre cales son as condicións de uso.
Toda persoa que acceda a este sitio web asume o papel de usuaria, comprometéndose á observancia e ao cumprimento rigoroso das disposicións aquí dispostas, así como de calquera outra disposición legal que fose de aplicación.
MANANTIAL DE IDEAS, S.L. resérvase o dereito de modificar calquera tipo de información que puidese aparecer no sitio web, sen que exista obriga de avisar previamente nin de poñer en coñecemento das persoas usuarias tales modificacións, entendéndose como suficiente a publicación no sitio web de MANANTIAL DE IDEAS, S.L.
1. DATOS IDENTIFICATIVOS
Identidade: MANANTIAL DE IDEAS, S.L.
NIF: B26450932
Teléfono: 941 14 50 57
Enderezo postal: C/ Torrecilla 32, Pol. Ind. Tejerías Sur, 26500 Calahorra (La Rioja)
Correo electrónico: info@manantialdeideas.com
Sitio web: manantialdeideas.com
Inscrita no Rexistro Mercantil de La Rioja, tomo 696, folio 140, sección 8.ª, folla LO-12798.
2. DEREITOS DE PROPIEDADE INTELECTUAL E INDUSTRIAL
O sitio web, incluíndo a título enunciativo pero non limitativo a súa programación, edición, compilación e demais elementos necesarios para o seu funcionamento, os deseños, logotipos, texto e/ou gráficos, son propiedade do RESPONSABLE ou, se é o caso, dispón de licenza ou autorización expresa por parte das persoas autoras. Todos os contidos do sitio web atópanse debidamente protexidos pola normativa de propiedade intelectual e industrial, así como inscritos nos rexistros públicos correspondentes.
Independentemente da finalidade para a que fosen destinados, a reprodución total ou parcial, o uso, a explotación, a distribución e a comercialización requiren en todo caso a autorización escrita previa por parte do RESPONSABLE. Calquera uso non autorizado previamente considérase un incumprimento grave dos dereitos de propiedade intelectual ou industrial da persoa autora. Os deseños, logotipos, texto e/ou gráficos alleos ao RESPONSABLE e que puidesen aparecer no sitio web pertencen aos seus respectivos propietarios, sendo eles mesmos responsables de calquera posible controversia que puidese suscitarse respecto deles. O RESPONSABLE autoriza expresamente que terceiros poidan redirixir directamente aos contidos concretos do sitio web e, en todo caso, redirixir ao sitio web principal de manantialdeideas.com.
O RESPONSABLE recoñece a favor das súas persoas titulares os correspondentes dereitos de propiedade intelectual e industrial, sen que a súa simple mención ou aparición no sitio web implique a existencia de dereitos ou responsabilidade algunha sobre eles, como tampouco respaldo, patrocinio ou recomendación por parte del.
Para realizar calquera tipo de observación respecto a posibles incumprimentos dos dereitos de propiedade intelectual ou industrial, así como sobre calquera dos contidos do sitio web, pode facelo a través do correo electrónico info@manantialdeideas.com.
3. EXENCIÓN DE RESPONSABILIDADES
O RESPONSABLE exímese de calquera tipo de responsabilidade derivada da información publicada no seu sitio web sempre que esta información fose manipulada ou introducida por un terceiro alleo a el.
Uso de cookies
Este sitio web non instala cookies propias nin de terceiros: non utiliza cookies técnicas, de análise, de publicidade nin de redes sociais, nin carga contidos doutros sitios web que poidan instalalas. Por tanto, non se recollen datos de carácter persoal mediante cookies.
Se no futuro se incorporasen cookies que non sexan tecnicamente necesarias (por exemplo, para medir a audiencia ou os parámetros de tráfico), este sitio web non as instalará sen o consentimento previo da persoa usuaria. Para máis información, consulte a Política de cookies.
A persoa usuaria ten a posibilidade de configurar o seu navegador para ser alertada da recepción de cookies e para impedir a súa instalación no seu equipo. Consulte as instrucións do seu navegador para ampliar esta información.
Política de ligazóns
Desde o sitio web, é posible que se redirixa a contidos de sitios web de terceiros. Dado que o RESPONSABLE non pode controlar sempre os contidos introducidos polos terceiros nos seus respectivos sitios web, non asume ningún tipo de responsabilidade respecto a eses contidos. En todo caso, procederá á retirada inmediata de calquera contido que puidese contravir a lexislación nacional ou internacional, a moral ou a orde pública, procedendo á retirada inmediata da redirección a ese sitio web e poñendo en coñecemento das autoridades competentes o contido en cuestión.
O RESPONSABLE non se fai responsable da información e dos contidos almacenados, a título enunciativo pero non limitativo, en foros, chats, xeradores de blogs, comentarios, redes sociais ou calquera outro medio que permita a terceiros publicar contidos de forma independente na páxina web do RESPONSABLE. Con todo, e en cumprimento do disposto nos artigos 11 e 16 da LSSI-CE, ponse a disposición de todas as persoas usuarias, autoridades e forzas de seguridade, colaborando de forma activa na retirada ou, se é o caso, bloqueo de todos aqueles contidos que poidan afectar ou contravir a lexislación nacional ou internacional, os dereitos de terceiros ou a moral e a orde pública. No caso de que a persoa usuaria considere que existe no sitio web algún contido que puidese ser susceptible desta clasificación, rógase que o notifique de forma inmediata á persoa administradora do sitio web.
Este sitio web foi revisado e probado para que funcione correctamente. En principio, pode garantirse o correcto funcionamento os 365 días do ano, as 24 horas do día. Con todo, o RESPONSABLE non descarta a posibilidade de que existan certos erros de programación, ou que acontezan causas de forza maior, catástrofes naturais, folgas ou circunstancias semellantes que fagan imposible o acceso á páxina web.
Enderezos IP
Os servidores do sitio web poderán detectar de maneira automática o enderezo IP e o nome de dominio utilizados pola persoa usuaria. Un enderezo IP é un número asignado automaticamente a un ordenador cando este se conecta a Internet. Toda esta información é rexistrada nos ficheiros de actividade do servidor, que permiten o posterior procesamento dos datos co fin de obter medicións unicamente estatísticas que permitan coñecer o número de impresións de páxinas, o número de visitas realizadas aos servidores web, a orde de visitas, o punto de acceso, etc.
4. LEI APLICABLE E XURISDICIÓN
Para a resolución de todas as controversias ou cuestións relacionadas co presente sitio web ou das actividades nel desenvolvidas, será de aplicación a lexislación española, á que se someten expresamente as partes, sendo competentes para a resolución de todos os conflitos derivados ou relacionados co seu uso os Xulgados e Tribunais máis próximos a Calahorra.
PROTECCIÓN DE DATOS DE CARÁCTER PERSOAL
No marco do cumprimento da lexislación vixente, recollida no Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello, do 27 de abril de 2016, Xeral de Protección de Datos (RXPD), e na Lei Orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de Protección de Datos Persoais e garantía dos dereitos dixitais (LOPDGDD), cuxo obxecto é garantir e protexer, no que concirne ao tratamento dos datos persoais, as liberdades e os dereitos fundamentais das persoas físicas, e especialmente a súa honra e intimidade persoal, Manantial de Ideas, S.L. informa as persoas usuarias desta web de que:
1. Manantial de Ideas, S.L. adoptou as medidas técnicas e organizativas para garantir a seguridade dos datos, conforme o disposto na devandita normativa.
2. Os datos de carácter persoal enviados a través da páxina web ou mediante correo electrónico serán tratados por Manantial de Ideas, S.L., como responsable do tratamento, nos termos indicados na Política de privacidade.
No momento da recollida dos datos infórmase a persoa titular dos extremos previstos nos artigos 13 e 14 do RXPD.
En concreto, informámola de que:
· Os datos recadados a través dos medios de contacto que figuran na web utilízanse para dar resposta ás consultas recibidas, para o seguimento e contacto con aquelas persoas que mostraron interese polos nosos servizos ou produtos.
· Os datos recadados para a contratación dos servizos ofertados nesta web utilízanse para realizar unha correcta tramitación deles e para a xestión das relacións comerciais entre ambas as partes, incluíndo a emisión de orzamentos, albarás, facturas e recibos.
Ademais da finalidade mencionada en cada un dos puntos anteriores, e sempre que a persoa usuaria o consentise ou exista unha relación comercial previa conforme o artigo 21 da LSSI-CE, poderemos enviarlle información sobre produtos relacionados co mundo da publicidade e, en especial, para o reclamo publicitario e servizos web por calquera medio (postal ou electrónico). Pode opoñerse a recibila en calquera momento.
3. A persoa usuaria poderá, en todo momento, exercer os dereitos recoñecidos no RXPD de acceso, rectificación, supresión, oposición, limitación do tratamento e portabilidade dos seus datos. O exercicio dos dereitos pode realizarse polas seguintes vías:
- Teléfono: +34 941 14 50 57
- E-mail: info@manantialdeideas.com
- Enderezo postal: C/ Torrecilla 32, Pol. Ind. Tejerías Sur, 26500 Calahorra (La Rioja), España.
Se considera que o tratamento dos seus datos non se axusta á normativa, pode presentar unha reclamación ante a Axencia Española de Protección de Datos (www.aepd.es).
Veracidade da información
Toda a información que facilite a persoa usuaria para ser publicada no sitio web a través dos seus diferentes servizos deberá ser veraz, exacta, responsable e en ningún caso en nome de terceiros. Para estes efectos, a persoa usuaria garante a autenticidade de todos aqueles datos que comunique como consecuencia da cumprimentación dos formularios necesarios para a subscrición dos servizos. Igualmente, será responsabilidade da persoa usuaria manter toda a información facilitada a Manantial de Ideas, S.L. permanentemente actualizada, de forma que responda, en cada momento, á situación real da persoa usuaria. En todo caso, a persoa usuaria será a única responsable das manifestacións falsas ou inexactas que realice e dos prexuízos que poida orixinar a Manantial de Ideas, S.L. ou a terceiros pola información que facilite.
Menores de idade
Os servizos deste sitio web non están dirixidos a menores de idade. Se a persoa usuaria é menor de 18 anos, rogamos que non nos remita a súa información persoal.
